Novas

Independentistas da comarca de Compostela reuniranse novamente en asemblea a segunda-feira 4 de febreiro a partir das 20:30 h. no centro social Arredista. O encontro servirá para por en común a información sobre a Coordenadora Constituinte e seguir dando pasos na xestación do novo proxecto político nesta comarca.

 

 

Os independentistas galegos e galegas do Barbanza reunirémonos este sábado 2 de febreiro a partir das 20:30 h. nunha asemblea informativa sobre o proceso constituinte que se desenvolve a nivel nacional para criar unha nova organizaçom sociopolítica independentista. O punto de encontro é o centro social Aturuxo de Boiro.

O obxectivo da...

Esta fin de semana, dentro dos contactos e diálogos coa base sociolóxica do independentismo que estamos a facer en todo o país, celebraremos unha asemblea informativa sobre o proceso constituinte nas comarcas de Taveirós e Terra de Caldas. O obxectivo da reunión é, unha vez máis, expor un proxecto político asemblear en embrión e abrir o diálogo e o debate coas compañeiras e...

A situación á que se viu abocada a nosa lingua despois de máis de 30 anos de rexime autonómico é coñecida por todos e todas: minorización social, perpetuación institucional dos comportamentos diglósicos inxectados, erosión da estrutura interna da lingua e imposición dunha batería de proxectos lexislativos que, ou foron inúteis para paralisar o proceso de substitución...

O próximo sábado 26 de xaneiro celebraremos unha asembleia informativa conxunta nas comarcas de Trasancos e Bezoucos. O acto, que é aberto a todos os e as independentistas destas comarcas, iniciarase a partir das 19:00 h. no Bar Chimarrao de Narón. O obxectivo do encontro é, por unha parte, informar sobre o proceso constituinte que se desenvolve a nivel...

Dentro da dinámica de asembleias e reunións de pequenos grupos de independentistas que estamos a celebrar no país, a próxima sexta-feira 25 de febreiro ás 20:30 h. no centro social Arredista celebraremos a terceira asemblea comarcal do proceso. A reunión servirá para por en común a información da Coordenadora Constituinte do Proxecto Independentista, dar a...

Distribuir contido