Videos

26/06/2012

 

Causa Galiza analiza os 'xiros soberanistas', o contexto estatal e convoca un Plenario Nacional para o próximo 8 de Xullo.

26/06/2012

 

Causa Galiza chama á militancia independentista e soberanista a inscrebirse e participar no proceso constituinte dun novo proxecto común para a liberación nacional e social.

09/06/2012

Causa Galiza presentou nesta mañá unha declaración pública onde fai unha leitura da situación política, do novo ciclo político aberto no País e no Estado español e á vista desta diagnose, da necesidade de, neste complexo contexto actual, sentar as bases para a celebración dunha única convocatoria do día da Patria á que convocar os sectores sociais, sindicais e políticos que se sitúan sobre parámetros soberanistas e independentistas. A Iniciativa Popular pola Autodeterminación renunciou, por outra parte, a ser a entidade convocante exclusiva desta mobilización nacional e apelou a todos os sectores implicados a dotárense do formato que a faga posíbel.

   Na Facultade de Xeografía e Historia da USC, en Compostela, Lupe Bouzón, membro da Portavocía Nacional de Causa Galiza, deu leitura ao manifesto arroupada por 32 militantes soberanistas e independentistas de distintas comarcas do País e ámbitos de intervención. Bouzón asegurou que "varios factores favorecen que teñamos unha percepción radical da situación: os duros efeitos que está a ter a crise con centos de miles de traballadores e traballadoras desempregados e precarizados; a pauperización de amplos sectores da sociedade, o retorno da lacra da emigración, a degradación xeneralizada das condicións de vida e de traballo da maioría social, os recortes de servizos públicos e investimento social para pagar a déveda da banca e a destrución do marco de garantías básicas entre Capital e Traballo que os nosos pais e avós conquistaran no pasado". 

Fin de ciclo histórico

   Á grave crise económica que está a bater sobre a maioría social galega sómase á crise política. A este respeito Bouzón, advertiu do " final do ciclo histórico iniciado coa chamada Transición Democrática". Na mesma liña concluiu que "se demostrou o acerto absoluto daqueles lúcidos nacionalistas que, en plena Transición Democrática, desde posicións minorizadas e perseguidas, denunciaran o sistema autonómico “por caciquil e colonialista”, o combateran por non ser máis que unha “trampa contra a loita de liberación nacional” e se negaran a ter unha participación cúmplice na nova farsa autonómica".

Procesos políticos no campo nacionalista

   O manifesto de Causa Galiza tamén recolleu reflexións a respeito do momento político que vive o País. Causa Galiza, en palabras de Bouzón considera que "frorecen pois os partidos de ocasión, os “xiros soberanistas” que non se materializan en práticas ruturistas reais, os galeguismos epidérmicos, baleiros de contido e carentes da necesaria reflexión e programa político e as presas eleitorais que condicionan, e debilitan, os procesos de construción das ferramentas políticas e organizativas que necesita a nación para as próximas décadas" en alusión a axentes do nacionalismo galego que concorren nos procesos actuais.

Proposta de Causa Galiza

   O manifesto rematou cunha dupla mensaxe a todos os sectores nacionalistas, soberanistas e independentistas, "por riba de afiliacións e partidismos", ante a conxuntura inmediata da celebración do próximo Dia da Patria. Causa Galiza sintetizouno en dous puntos interrelacionados dirixidos aos sectores soberanistas e independentistas do País:

   1º Por unha parte, apelamos a todos os axentes e sensibilidades que participan no campo soberanista e independentista a manifestármonos conxuntamente o próximo 25 de xullo como expresión de que, por riba das lexítimas diferenzas e perspectivas que existen no noso movemento nacional, compartillamos unha estratexia xeral común. Neste sentido, Causa Galiza renuncia publicamente desde este momento a xogar o papel de entidade convocante exclusiva que vimos desempeñando desde 2007.

   2º Por outra parte, Causa Galiza chama aos sectores soberanistas e independentistas implicados na convocatoria do Dia da Patria de 2012 a habilitar o formato adecuado para posibilitar esta convocatoria unitaria e facer un exercicio colectivo de madurez política e altura de miras, evitando a multiplicación e atomización das mobilizacións soberanistas e independentistas e colocando este 25 de xullo como un paso máis dentro da construción do proxecto comum para a liberación nacional e social que necesita con urxencia o Povo Traballador Galego.

    Desde Causa Galiza xa se traballa na materialización dos compromisos adquiridos hoxe publicamente.

Link ao manifesto completo

Participaron no acto de presentación:

Celso Comesanha, Xoán Carlos Ansia, Pilar Gonçales, Isaura Varziela, Mário Fernández, Pepe Beiroa, Beatriz Outide, Luís Gonçales Blasco "Foz", Óscar Figueiras, Davide Peres, Víctor Viaño, Aurora Domingues, Juan Vigo, Manolo Caamanho, Luz Fandiño, Xurxo Paz, José Expósito, Pilar Martínez, Antom Vila-Cova, José A. Gonçales Maceiras "Muros", Ramom Maceiras, Maria Fraiz, Joám Peres, Aurélio Lopes, Xurxo Ramos, Xermán Romai, Alfredo Edreira, Lupe Bouzón, Suso Irago, Joám Gonçalves "Caque", Paulo Martearena "Nahuel", José Luís Losada e Carlos Varela.

09/06/2012

 

   Causa Galiza presentou unha declaración pública onde fai unha leitura da situación política, do novo ciclo político aberto no País e no Estado español e á vista desta diagnose, da necesidade de, neste complexo contexto actual, sentar as bases para a celebración dunha única convocatoria do día da Patria á que convocar os sectores sociais, sindicais e políticos que se sitúan sobre parámetros soberanistas e independentistas. A Iniciativa Popular pola Autodeterminación renunciou, por outra parte, a ser a entidade convocante exclusiva desta mobilización nacional e apelou a todos os sectores implicados a dotárense do formato que a faga posíbel.

   Na Facultade de Xeografía e Historia da USC, en Compostela, Lupe Bouzón, membro da Portavocía Nacional de Causa Galiza, deu leitura ao manifesto arroupada por 32 militantes soberanistas e independentistas de distintas comarcas do País e ámbitos de intervención. Bouzón asegurou que "varios factores favorecen que teñamos unha percepción radical da situación: os duros efeitos que está a ter a crise con centos de miles de traballadores e traballadoras desempregados e precarizados; a pauperización de amplos sectores da sociedade, o retorno da lacra da emigración, a degradación xeneralizada das condicións de vida e de traballo da maioría social, os recortes de servizos públicos e investimento social para pagar a déveda da banca e a destrución do marco de garantías básicas entre Capital e Traballo que os nosos pais e avós conquistaran no pasado". 

Fin de ciclo histórico

   Á grave crise económica que está a bater sobre a maioría social galega sómase á crise política. A este respeito Bouzón, advertiu do " final do ciclo histórico iniciado coa chamada Transición Democrática". Na mesma liña concluiu que "se demostrou o acerto absoluto daqueles lúcidos nacionalistas que, en plena Transición Democrática, desde posicións minorizadas e perseguidas, denunciaran o sistema autonómico “por caciquil e colonialista”, o combateran por non ser máis que unha “trampa contra a loita de liberación nacional” e se negaran a ter unha participación cúmplice na nova farsa autonómica".

Procesos políticos no campo nacionalista

   O manifesto de Causa Galiza tamén recolleu reflexións a respeito do momento político que vive o País. Causa Galiza, en palabras de Bouzón considera que "frorecen pois os partidos de ocasión, os “xiros soberanistas” que non se materializan en práticas ruturistas reais, os galeguismos epidérmicos, baleiros de contido e carentes da necesaria reflexión e programa político e as presas eleitorais que condicionan, e debilitan, os procesos de construción das ferramentas políticas e organizativas que necesita a nación para as próximas décadas" en alusión a axentes do nacionalismo galego que concorren nos procesos actuais.

Proposta de Causa Galiza

   O manifesto rematou cunha dupla mensaxe a todos os sectores nacionalistas, soberanistas e independentistas, "por riba de afiliacións e partidismos", ante a conxuntura inmediata da celebración do próximo Dia da Patria. Causa Galiza sintetizouno en dous puntos interrelacionados dirixidos aos sectores soberanistas e independentistas do País:

   1º Por unha parte, apelamos a todos os axentes e sensibilidades que participan no campo soberanista e independentista a manifestármonos conxuntamente o próximo 25 de xullo como expresión de que, por riba das lexítimas diferenzas e perspectivas que existen no noso movemento nacional, compartillamos unha estratexia xeral común. Neste sentido, Causa Galiza renuncia publicamente desde este momento a xogar o papel de entidade convocante exclusiva que vimos desempeñando desde 2007.

   2º Por outra parte, Causa Galiza chama aos sectores soberanistas e independentistas implicados na convocatoria do Dia da Patria de 2012 a habilitar o formato adecuado para posibilitar esta convocatoria unitaria e facer un exercicio colectivo de madurez política e altura de miras, evitando a multiplicación e atomización das mobilizacións soberanistas e independentistas e colocando este 25 de xullo como un paso máis dentro da construción do proxecto comum para a liberación nacional e social que necesita con urxencia o Povo Traballador Galego.

    Desde Causa Galiza xa se traballa na materialización dos compromisos adquiridos hoxe publicamente.

Link ao manifesto completo

Participaron no acto de presentación:

Celso Comesanha, Xoán Carlos Ansia, Pilar Gonçales, Isaura Varziela, Mário Fernández, Pepe Beiroa, Beatriz Outide, Luís Gonçales Blasco "Foz", Óscar Figueiras, Davide Peres, Víctor Viaño, Aurora Domingues, Juan Vigo, Manolo Caamanho, Luz Fandiño, Xurxo Paz, José Expósito, Pilar Martínez, Antom Vila-Cova, José A. Gonçales Maceiras "Muros", Ramom Maceiras, Maria Fraiz, Joám Peres, Aurélio Lopes, Xurxo Ramos, Xermán Romai, Alfredo Edreira, Lupe Bouzón, Suso Irago, Joám Gonçalves "Caque", Paulo Martearena "Nahuel", José Luís Losada e Carlos Varela.

Vídeo que relata o desenvolvemento da Revolución Galega de 1846 desde a sublevación victoriosa en Lugo o 2 de Abril até o fusilamento dos principais dirixentes o 26 de Abril. Un fito histórico trascendental e punto de inflexión que bota a semente para a construcción dun proceso de autoafirmación nacional que chega até os nosos días coa reivindicación dun Estado Galego soberano.

15/03/2012

Causa Galiza presentou o 15 de marzo de 2012 en rolda de prensa o Plenario Nacional do 25 de marzo. O obxectivo desta convocatoria é resituar a Iniciativa Popular no novo tempo político aberto no campo nacionalista e no País.

25/07/2011
04/02/2012

As 13 organizacións nacionais asinantes do Acordo Democrático Nacional fixeron un chamamento a participar nos actos do Día da Patria 2011. O manifesto que leva por título "Abramos un novo ciclo político para Galiza e para o Pobo Traballador Galego " foi lido por Tino Lago, militante da Fronte Obreira Galega. O escenario escollido foi San Martiño Pinario, onde resistiron os galeguistas da revolución galega de 1946

16/04/2011

 

Vídeo sobre a rolda de prensa de Causa Galiza en Lugo. Nesta rolda de prensa preséntanse os actos en homenaxe ao "Mártires de Carral" que este ano se van celebrar en Lugo. Intervención de Seixas e Borxa Mejuto en nome da asemblea comarcal de Lugo e de Olalha Barro, voceira de Causa Galiza.

Distribuir contido