Videos sobre a proclamación da República Galega en 1931
O movemento obreiro, apoiado pola pequena burguesía galeguista e por figuras do independentismo chegadas da emigración, propiciou este fito histórico hai 79 anos.
En 1931, pouco despois de caer a ditadura de Primo de Rivera. O 23 de xuño, o Consello de Ministros acorda a suspensión definitiva da construción do camiño de ferro entre Zamora e A Coruña; Indalecio Prieto, responsábel de Facenda, non o considera rendíbel. Os 12 mil traballadores 'carriláns' comezan unha folga histórica que no momento máis álxido do conflito lévaos a proclamar a República Galega.




