Causa Galiza participará nas andainas en defensa do Galiñeiro e da Devesa do Rei
Este domingo hai dous compromisos importantes coa defensa do territorio en Vigo e Compostela. A Plataforma pola Defensa do Galiñeiro e a Candidatura do Povo convocan dúas andainas contra a instalación do parque eólico no Galiñeiro e contra a instalación da depuradora na Devesa do Rei, na zona do Pego do concello de Compostela.
Serra do Galiñeiro
Esta serra é maior da comarca da Vigo. A empresa Terra de Vento, S. L. pretende a contrución dun parque eólico de 39 MW, unha vez coñecida a aprobación do proxecto da Xunta de Galiza. Desde a Plataforma esíxese a declaración de Parque Natural para axudar á súa protección.
Devesa do Rei
A Candidatura do Povo convoca a I Andaina Popular contra a construcción da depuradora na Devesa do Rei. Tras a decisión do PP compostelano de mudar a localización proposta polo anterior goberno, a área coñecida como O Pego, no río Roxos, pretende ser a nova ubicación desta depuradora. Desde a Candidatura témese que sexa unha maniobra para non acabar construíndo a necesaria depuradora xa que a financiamento por parte da UE remataría tras un novo adiamento da obra.
Causa Galiza coa defensa do territorio
Causa Galiza participará nas duas andainas para contribuir ao desenvolvemento e fortalecemento das loitas que se están a dar no País. Entendemos fundamental a auto-organización para enfrentar este tipo de agresións ao noso territorio. Unha vez máis, a voracidade de intereses empresariais e a falta de sensibilidade co medio pon en perigo dúas xoias da nosa Terra. Precisamos, neste novo tempo político que se abre, camiñar cara o empoderamento popular, cara a Soberanía Nacional.




