Causa Galiza celebra este sábado a súa III Homenaxe nacional aos Mártires de Carral

Este sábado, Causa Galiza celebrará a III Homenaxe Nacional aos Mártires de Carral, militares fusilados o 26 de abril de 1846 tras o levantamento cívico-militar da altura e a constitución da Xunta Superior do Reino de Galiza. Nesta terceira edición da homenaxe, a iniciativa popular pola autodeterminación desenvolverá o programa dos actos en Cacheiras (Teo), parroquia onde se inicia a derrota das tropas galegas frente aos exércitos castellanos.

Cacheiras é o lugar onde a superioridade da artillaría e a cabalaría castellana se imporán ao levantamente dos militares da primavera galega de 1846, dando paso á batalla rúa por rúa e casa por casa en Compostela. Os actos comezarán a partir das 17:30 h. xunto ao Hotel Congreso (Teo), facendo unha homenaxe aos Mártires de Carral no monolito que se encontra nas proximidades. Ali, teremos unha intervención de tipo histórico e outra de tipo político.

Homenaxe a Ánxel Casal

A continuación, desprazarémonos ate o monolito próximo levantado en homenaxe a Ánxel Casal, alcalde nacionalista de Compostela fusilado polos fascistas en 1936. Ao pé do monolito fará unha intervención o alcalde nacionalista de Teo, Martiño Noriega.