Convócase nova reunión da Comisión Técnica para este domingo

A Comisión Técnica de Causa Galiza reunirase novamente este domingo 29 de xaneiro para continuar desenvolvendo os acordos organizativos do último Plenario Nacional e o plano de traballo fixado para o presente trimestre. O encontro será a partir das 17:00 h. no centro social compostelano Arredista situado no número 25 da rúa das Rodas (Porta do Camiño). Recordamos que a asistencia a esta comisión de traballo é aberta a tod@s @s soberanistas e independentistas que participan en Causa Galiza.