Causa Galiza apoia a manifestación convocada por Ceivar

Fotos dos presos na mobilización sindical soberanista sobre Madrid

A Portavocía Nacional da Causa Galiza ante a manifestación convocada polo organismoantirrepresivo Ceivar para o día 17 de abril en Compostela, quere manifestar asseguintes consideracións:

1º Transmitir a solidariedade de Causa Galiza co conxunto de presos e presas políticasgalegas que se atopan encarcerados e dispersados polo Estado español froito dun firmecompromiso político cun escenario de liberdade e democracia para Galiza.

2º Denunciar a práctica da dispersión por parte do Estado español contra o colectivo depresos independentistas galegos destinada a separalos da súa realidade nacional,cultural e socioafectiva. Esta práctica está tamén formulada contra familiares e amizadesque teñen que percorrer miles de quilómetros e realizar fortes desembolsos económicos.

3º Exiximos que se respecten todos os dereitos dos que son suxeitos os presosindependentistas galegos, en especial a transferencia a centros penitenciarios situadosen Galiza rematando coa práctica ilegal da dispersión.

4º Facemos un chamamento ao conxunto de axentes políticos, sociais e sindicais atraballar na sensibilización informativa da sociedade galega para que faga súas estasreivindicacións.

5º Reafirmarnos no compromiso recollido no punto VII do Acordo Democrático Nacionalde traballar para o pleno recoñecemento de todas as liberdades democráticas para todaa poboación galega, a retirada das forzas policiais e militares españolas do territoriogalego e a abolición da lexislación e as institucións actualmente responsábeis darepresión.

6º En consecuencia, facemos un chamamento ao conxunto do soberanismo a participarna mobilización convocada polo organismo antirrepresivo Ceivar para este domingo 17ás 12:00 h. da Praza Roxa de Compostela.