Causa Galiza apoia as mobilizacións contra a guerra na Libia

Mobilización contra a guerra do Iraque

A Portavocía Nacional da Causa Galiza diante da guerra iniciada en Libia quere manifestar as seguintes consideracións:

1º Rexeitar a agresión imperialista que están a realizar os EUA e varios estados da UE, entre eles o Reino de España, co apoio da ONU. A decisión deste ataque está tomada por potencias imperialistas e por métodos anti-democráticos. Supón un ataque á soberanía do Pobo Libio

2º Denunciar a finalidade da agresión militar que é a de intervir no proceso político e soberano do Pono Libio e condicionar o novo escenario político que xurda despois do remate da misión imperialista.

3º Denunciar a implicación imperialista á que nos leva o Goberno español promovendo e desenvolvendo esta guerra de rapina. A falta de soberanía política do noso pobo impédenos tomar as nosas propias decisións no ámbito internacional.

4º As solucións aos conflictos politicos e sociais é política e non militar. Só se entende a intervención militar desde a intención de suplantar a soberanía popular e evitar unha solución xusta e democrática.

5º En consecuencia con este posicionamento, apoiamos as mobilizacións que xa se están a convocar e celebrar no conxunto da xeografía galega e animamos ao soberanismo a ser parte activa desta dinámica de mobilización.