O intento da República Galega de 1921

Iº Asemblea nacionalista. Lugo 1918

Entre o 16 e o 18 de abril de 1921 celebrase en Vigo a III Assemblea Nacionalista. O centro do debate estivo no punto da «Futura aitutude política do Partido Nazonalista Galego», havendo unha importante pugna entre os partidários de entrar nas institucións españolas e os contrarios.

En Vigo intentase, ademais, crear un partido secreto no seo das Irmandades cos militantes mais comprometidos, dispostos a fornecer o nacionalismo dun núcleo duro, disciplinado e moi activo. A idea surxe dos «irmaos» da Cruña, Ramom Vilar Ponte, Vítor Casas e Ricardo Carballal, mais a idea non se concreta.

O proxecto clandestino de Vigo

José Rodrigues de Vicente, home de confianza de Lousada e Risco, viaxa de Baiona á Cruña para discutir as bases do partido secreto con Vítor Casas, quen o interpreta como un movemento insurrecional de liberación nacional, conforme lle conta por carta a Fermín Fernandez Penzol (14-IX-1921):

“Estivo eiquí unhos días Rodríguez de Vicente de Bayona. Falamos con el de todo o que pasa. Trai un proyecto moito intresante. E o seguinte: Nomear un Presidente, varios conselleiros e un segredario xeral do partido. O Presidente e o Segredario levarán todo o peso da organización consultando os casos que se presenten cos conselleiros. Para nós, esto non llo digan a todos, será a Constitución da República Galega.

Os conselleiros serán os ministros cada un encarregado d´unha especialidade. O Segredario levará todo o traballo, será pagado, e residirá onde viva o Presidente. Como che digo par o púbrico será o Presidente do Partido e os outros serán os seus conselleiros. Pra nós, non convén divulgal-o moito, serán o Presidente e os Ministros da República Galega. Así será o único xeito de comenzar a actuar e dar señales de vida. [...]

¡Morra Hespaña!

 ¡Viva a República Galega!”

 

Fonte: galizalivre.org e elaboración propia.