A insumisión local contra a constitución española continua medrando en Catalunya

Primerios concellos cataláns que se declararon moralmente excluidos da constitución española

Por agora, mais de trinta concellos cataláns teñen seguido o exemplo de Port de la Selva, primeiro concello en sentirse moralmente excluido da constitución española. A moción, que foi aprovada por unanimidade polo pleno deste concello, deixava ben claro que as aspiracións do auto-governo catalán non collen no marco constitucional español actual, despois da resolución do alto tribunal.

Entidades como a Comisión do Centenário da Estelada fan unha chamada para que esta insumisión se espalle antes da Diada (o Dia Nacional da Catalunya) e conseguir un número histórico de vilas sensíveis ás liberdades da Catalunya. O movemento de cargos eletos, decidim.cat, tamén ten dado apoio explícito a esta proposta.

A exclusión voluntária da constitución tem chocado coa oposición dos partidos españois en catalunya.

Podes consultar a fonte orixinal desta noticia do diario dixital catalán avui.elpunt.cat clicando aquí