Un video mais sobre o 25 de xullo

O xornal dixital español iniciativacomunista.org fixo un video sobre o Dia da Patria 2010 dando a sua versión do acontecido e de parte do movemento. Dámoslle cabida no noso web coa intención de recoller diferentes puntos de vista sobre esta data alén dos propios de Causa Galiza.

Este video recolle principalmente as valoracións de representantes de asociacións comunistas que acudiron á mobilización do Dia da Patria da nosa organización. O video, alén de recoller a propria mobilización do Dia da Patria de Causa Galiza e de parte das intervencións da portavocia, recolle tamén misturadas imaxes de actos e mobilizacións do 24 de xullo de outras organizacións.

Para visualizar o video de iniciativacomunista.org clica aquí