Acto de Causa Galiza na Fonsagrada con concerto de "A Quenlla" e "Leo" mais xogo de billarda

O vindeiro sábado 26 de Xuño realizarase unha presentación de Causa Galiza na Fonsagrada.

Acompañarán a este acto de presentación un xogo de billarda ás 16h na praza do Museo e a actuación de A Quenlla às 20h na Praza de Fonsagrada. logo do concerto realizarase a charla-presentación da nosa iniciativa. 

O acto rematará coa actuación do cantautor Leo.