Causa Galiza activa a sua páxina web para facer dela un instrumento mais ao servizo da loita pola autodeterminación
Comunicamos aos nosos leitores e leitoras que a partir da data o portal www.causagaliza.org pasará a publicar información regular sobre o dereito de autodeterminación, entrevistas, iniciativas, etc. que teñan como eixo principal esta estratexia de loita. A activación do web encádrase dentro dunha dinámica máis ampla de relanzamento da propria Causa Galiza e do traballo a favor da socialización do dereito de autodeterminación que pretendemos desenvolver no seo do pobo galego e, particularmente, do tecido asociativo nacional.
O web pasará a fornecer pois noticias, análises e convocatorias que, na Galiza ou a nivel da Europa Ocidental, onde se coñece unha importante repotencialización das loitas soberanistas e independentistas, teñan interese para quen traballamos a favor da superación do actual marco xurídico-político en chave de soberanía nacional e xustiza social. Convidamos os nosos leitores e leitoras a achega-nos aquelas referencias que podan ser úteis para desenvolver este traballo que agora se inicia e que espera ser útil para a construción da masa crítica social que faga avanzar a luita soberanista neste País.
Consello de Redación de causagaliza.org



