Roda de prensa de presentación do Día da Patria

09/07/2011

A Libraría Couceiro de Santiago de Compostela acolleu, ás 12:00 da mañá do 9 de xullo, a presentación do acto central da Causa Galiza para o vindeiro Día da Patria Galega. Aurélio Lopes, membro da portavocía da organización soberanista, e Luís Gonçales Blasco 'Foz', militante histórico do nacionalismo galego e participante da iniciativa Causa Galiza desde o seu nacemento, avanzaron os contidos do programa de actividades deste ano para o 25 de xullo e chamaron a participar nos actos nun momento en que, en palabras de 'Foz', “a impotencia da folla de rota da dirección do nacionalismo maioritario é gritante”.