Bicis pola autodeterminación en Lugo
08/07/2011
A asemblea comarcal de Lugo organizou unha marcha de bicicletas en defensa da autodeterminación. A marcha saiu da praza de Campo Castelo para percorrer toda a cidade repartindo propaganda, rematando cun contacontos, acto político e foliada na mesma praza.








