Manifesto de Causa Galiza ante a Folga Xeral Nacional

Manifesto de Causa Galiza ante a Folga Xeral Nacional de 29 de marzo de 2012.

Publicamos o manifesto de Causa Galiza ante a Folga Xeral Nacional deste 29-M baixo a lexenda: "29-M Folga Xeral Nacional. Pola Soberanía Política e Económica. Por un Marco Galego de Relacións Laborais". Causa Galiza fai un chamado a que "o 29-M sexa unha xornada de loita, de mobilización contundente da Clase Traballadora Galega e avance das posicións populares".

O manifesto tamén fai unha reflexión respecto á necesidade de "politizar esta Folga Xeral Nacional" mediante a "reivindicación dun novo marco de soberanía política e económica para o noso país que rache coa lóxica economicista de Madrid e Bruxelas". Neste sentido, conclúe que "a defensa efectiva dos intereses da clase traballadora só é factíbel nun novo marco de plena soberanía política e económica" para Galiza.

Para rematar reivindica "un instrumento que permitirá o avance na defensa dos nosos intereses como clase: o Marco Galego de Relacións Laborais" permitindo así "un marco de negociación colectiva liberado da tutelaxe dos acordos-marco pactados a nivel estatal por CCOO e UGT.

Ficheiros: