Comunicación con motivo dos incendios provocados nas Fragas do Eume
Causa Galiza distribuirá hoxe unha breve declaración nas concentracións convocadas en todo o País para esixir responsabilidades políticas polo desastre ecolóxico e social producido nas Fragas do Eume. Sinteticamente, a rede nacional de soberanistas e independentistas, alén de esixir a demisión e o procesamento penal dos responsáveis da desfeita que está a acontecer e responsabilizar ás políticas agrarias ditadas por Madrid e Bruxelas, propón "a necesidade da soberanía política e económica" como alternativa á reprodución cíclica de catástrofes ecolóxicas e ambientais no noso País. Reproducimos a continuación esta declaración.
Ficheiros:

