Abramos un novo ciclo político para Galiza e para o Pobo Traballador Galego
As 13 organizacións nacionais asinantes do Acordo Democrático Nacional fixeron un chamamento a participar nos actos do Día da Patria 2011. O manifesto que leva por título "Abramos un novo ciclo político para Galiza e para o Pobo Traballador Galego " foi lido por Tino Lago, militante da Fronte Obreira Galega. O escenario escollido foi San Martiño Pinario, onde resistiron os galeguistas da revolución galega de 1946.
Adiante, Assembleia da Mocidade Independentista, Ateneu Proletário Galego, Ceivar, Colectivo Nacionalista de Marín, Central Unitaria de Traballadores/as, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Fronte Obreira Galega, Movemento pola Base, Partido Comunista do Povo Galego, Redes Escarlata e Siareir@s Galeg@s son as organizacións asinantes do ADN.
Tino Lago, militante da FOG, deu leitura a un manifesto chamando a participar masiva e activamente na manifestación nacional do próximo 25 de xullo baixo a lexenda "Soberania Nacional".


