Decálogo

1- O pobo galego resolverá por si mesmo os seus problemas e necesidades como suxeito permanente do irrenunciábel dereito de autodeterminación.

2- O pobo galego vertebrará unha administración integral que inclúa, de xeito democrático, os territorios excluídos da actual Comunidade Autónoma Galega: as comarcas do Bierzo, Cabreira, Sanabria, Val do Íbias e Navia-Eo.

3- O pobo galego explotará e salvagardará os seus recursos naturais.

4- O pobo galego construirá unha democracia participativa respectando sen excepcións os dereitos individuais e colectivos.

5- O pobo galego ten o dereito de escoller o seu propio modelo de relacións sociolaborais, o seu modelo económico, o seu modelo social na procura dunha sociedade sen clases nin discriminacións.

6- O pobo galego estabelecerá os seus marcos de relacións internacionais de forma libre e consciente.

7- O pobo galego vertebrará a súa relación coa diáspora de forma fraternal, igualitaria e solidaria.

8- O pobo galego relacionarase en pé de igualdade e fraternidade co resto dos pobos do mundo, en especial con aqueles culturalmente máis próximos.

9- A inmigración incorporada ao mundo do traballo da Galiza conformará parte indisolúbel do noso pobo, con idénticos dereitos e deberes que o conxunto da poboación.

10- Galiza para sobrevivir como pobo ten que conquistar a soberanía nacional conculcada por España.

 

Epílogo

Por sermos nós pobo traballador consciente e concienciado; avanzada dun futuro libre, anelamos e procuramos unha Galiza soberana, unificada, sen servilismo de ningún xénero, superadora do patriarcado, machismo e homofobia; do racismo e da sociedade de clases, monolingüe no social, solidaria, internacionalista e fraterna…

 

De Fisterra ao Manzanal!, de Ortegal ao Miño!, gobernemos nós mesm@s a Nosa Terra!

Gobernémonos nós mesm@s a nós mesm@s!

 

Na Pátria, 21 de Junho de 2008