A asemblea de Causa Galiza no Barbanza celebrarase o 25 de febreiro
Data:
25/02/2012 - 20:00
@s soberanistas e independentistas do Barbanza están convocad@s para a asemblea comarcal de Causa Galiza que se celebrará o próximo sábado 25 de febreiro. A hora da reunión é ás 20:00 h. no centro social Aturuxo de Boiro. O centro social encóntrase no número 118 da rúa Principal da vila.
A asemblea comarcal servirá, ao igual que nas restantes comarcas do País, para por en común a información do Plenario Nacional e as sucesivas Comisións Técnicas, así como para planificar o traballo concreto de Causa Galiza na comarca. O teléfono de contacto é 635997441 (Joám Fernandes).





