Homenaxe aos "Mártires de Carral" en Lugo
O 30 Abril de 2011, Causa Galiza organiza un acto nacional en lembranza da Revolución galega de 1846, a celebrar na cidade de Lugo por ser alí onde triunfou a revolta. O acto vai realizarse baixo o lema "Semente da Galiza Soberana. A revolución galega de 1846" e vai ter o seguinte programa:
18:00h Pasarrúas. Saída do Parque de San Roque
Explicacións históricas a cargo de Bernardo Máiz e Bernardo Penabade.
Actuacións de música e danza tradicional coa asociación A Volta do Agro.
Recital poetico na Praza do Campo con Darío Xohán Cabana, Xiana Arias, Daniel Salgado, Jose Manuel Nunes, Alba Méndez, Alberte Momán e outros/as poetas por confirmar.
Acto político na Praza Maior a cargo da Portavocía da Causa Galiza.
20:00h Foliada no CS Mádia Leva! (Rúa Amor Meilán).
21:00h Ceia no CS Mádia Leva! (Rúa Amor Meilán).
Haberá opción vegana. Prezo: 10 euros (12 euros co concerto)
23:30h Concerto na Sala 982 (Ronda da Muralla):
Ondas Martenot (homenaxe a Lois Pereiro)
Das Kapital
Sacha na horta
Os tres trebóns
Lugo sen descanso
Prezo: 6 euros (12 euros coa ceia)
Para asistir ao acto van disponibilizarse autobuses desde Vigo, Pontevedra e Compostela, con regreso ao remataren os actos. Ademais, habilitarase un espazo para durmir no Centro Social Mádia Leva! (Rúa Amor Meilán).
O ano pasado Causa Galiza xa organizou un acto nacional en Carral conmemorativo da Revolta galega de 1846, podes ollar no noso web o programa do ano 2010 clicando aquí e o manifesto aquí.





