Comunicados
Causa Galiza comeza a campaña política do Dia da Patria que levará a mensaxe da esquerda soberanista ao conxunto da xeografía galega. So a lenda Por un novo ciclo no nacionalismo galego: ADIANTE O SOBERANISMO! socializaremos a necesidade de reestruturar o mapa do nacionalismo galego a curto prazo por medio da construción dun amplo polo soberanista que gañe centralidade e...
A Portavocía Nacional da Causa Galiza ante a manifestación convocada polo organismoantirrepresivo Ceivar para o día 17 de abril en Compostela, quere manifestar asseguintes consideracións:
1º Transmitir a solidariedade de Causa Galiza co conxunto de presos e presas políticasgalegas que se atopan encarcerados e dispersados polo Estado español froito dun firmecompromiso político cun...
A Portavocía Nacional da Causa Galiza diante da mobilización sindical convocada pola CIG sobre Madrid xunto co sindicalismo vasco, catalán e canario, quere facer as seguintes consideracións:
1º Apoiamos a mobilización que a CIG convoca xunto ás centrais das nacións vasca, catalana e canaria contra a política de agresións económicas e sociolaborais á clase traballadora do noso país e a...
A Portavocía Nacional da Causa Galiza diante da guerra iniciada en Libia quere manifestar as seguintes consideracións:
1º Rexeitar a agresión imperialista que están a realizar os EUA e varios estados da UE, entre eles o Reino de España, co apoio da ONU. A decisión deste ataque está tomada por potencias imperialistas e por métodos anti-democráticos. Supón un ataque á soberanía do...
O Plenario Nacional de Causa Galiza celebrado en 19 de marzo en Compostela adoptou as seguintes resolucións:
1. O Estado español sofre tres crises política, socio-económica e territorial totalmente inter-relacionadas. O cadro xurídico-político de 1978 está esgotado: é incapaz de dar respostas efectivas ao retos que o conxunto dos movementos soberanistas lle estamos a plantexar ao Estado...











